FAQ- Preguntas Frecuentes
As seguintes Preguntas foron formuladas no Foro de EmotrionsOnCards
ou son dúbidas de xogadores recibidas por correo electrónico
ou teléfono. Se algunha das vosas dúbidas ou suxerencias
non se contestan na FAQ, podedes escribirnos o email: emotrions@triangol.com
Preguntas xerais
1.- ¿De que vai Emotrions? ¿ É un xogo de cartas,
un xogo de estratexia, un xogo de rol, un xogo educativo?
-Moitos xogadores de Emotrions fixéronnos esta pregunta. O abraio
de moitos e moitas por Emotrions débese a que non hai outro xogo
coma el. Emotrions é innovador tanto no escenario como na lóxica
de xogo.
En rasgos xerais, Emotrions é un xogo de estratexia en formato
cartas baseado nas emocións. ¿Por que nas emocións?
Os xogos máis populares de estratexia como o xadrez, o bridge ou
Magic representan loitas en sociedades xerárquicas. Pero, non amosan
a loita humana coas emocións propias e as estratexias de relación
na vida social. Extrano, xa que toda acción humana esconde unha
estratexia impulsada polo motor das emocións. O dominio das emocións
propias e a boa xestión das emocións dos outros é
a arma que da o triunfo na vida real. E por que non, no xogo. De aí,
Emotrions.
2.- Si non hai un punto de venta de Emotrions na miña ciudade,
¿Como podo conseguir o xogo?
-Podedes comprar EmotrionsOnCards, poñéndovos en contacto
directamente connosco. O prezo de venda da baralla é de 5,95 euros.
A nosa empresa de transporte urxente serviravos o xogo no voso domicilio
en menos de 24 horas. O pago faise mediante transferencia bancaria ou
contrareembolso (esta fórmula costa 3 euros máis).
3.-¿Non se van a pubricar edicións de Emotrions con
deseños máis escuros?
-Esta pregunta tamen recibímola a inversa: ¿Non se van a
pubricar edicións de Emotrions con deseños menos negros?
Emotrions gusta a un púbrico moi amplo e con hábitos de
xogo moi diferentes: xogadores de estratexia e rol, habituais dos xogos
de sociedade, educadores, etc. Cada xogador identifícase ou encaríñase
co deseño dalgunha emoción e algunhas veces, aborrece outra.
En Triangol comprendemos que esto non é unha debilidade senon unha
fortaleza do xogo, xa que os deseños non deixan indiferente a ningún
xogador, xa que acaba escollendo a 'emotrion' coa que mellor se sente.
4.- ¿Editaranse as regras en catalán e galego?
Triangol identificou tódalas cartas en 9 línguas europeos,
entre elas o galego, o vasco e o catalán, co fin de que cada xogador
poida nomear as súas 'emotrions' na súa língua materna.
Ademáis, Emotrions dispón de regas en galego e catalán
penduradas da web. Mais non se descarta facer unha 2º edición
do xogo coas regras en tódalas línguas peninsulares.

Respostas a dúbidas de xogo
1.- ¿Cando somos un número alto de xogadores (5 ou
6) e usamos dúas barallas, ¿con cantas cartas deberíamos
xogar?
-Dúas barallas son 72 cartas. Sen embargo, por razóns numéricas
un mazo Emotrions de dúas barallas debe conter 69 cartas. Polo
que das 72 cartas débense quitar unha Furia, unha Indecisión
e unha Fame. Se na partida xogan 5 personas, e desexan que tódolos
xogadores reciban o mesmo número de cartas, poden quedarse con
70 cartas. Neste caso, hanse de quitar unha Fame e unha Indecisión.
2.- ¿Existen máis xogos con EmotrionsOnCards que os
que están nas regras xerais?
-A baralla de Emotrions ofrece moitas posibilidades de xogo. Nas regras
aparece Emotrions Estándar e as súas reglas adicionais e
o xogo do Pareo. Pouco a pouco, iranse pendurando da web novos xogos de
EmotrionsOnCards deseñados dende Triangol. E esperamos que vos,
os propios xogadores, fagades aportacións e nos expliquedes novos
xogos EmotrionsOnCards.
3.- ¿Cando se xoga ó "37" e un xogador chega
a 36 e outro, ó 38, ¿cal gaña?
-Ningún dos dous. Para gañar ó 37, hanse de gañar
os puntos xustos.
4.- ¿Pódese atacar coa Forza acompañada doutra
carta positiva?
-Tanto no Estilo Estándar como no Xogo do Pareo pódense
combinar dúas cartas sempre que sexan do mesmo signo. Así
que a Fuerza pode ser acompañada doutra carta sempre que ésta
sexa positiva. É unha combinación letal, pero un se ha de
asegurar de que non hai unha Fame perto.
5.- ¿É posible emparellar a Fame con outra carta á
hora de atacar?
-A Fame é a única carta que non participa en combinacións
xamais.
6.- Se un xogador conserva a Fame ata o final, ¿engádea
a súa conta e come, así, tódalas Emotrions acumuladas?
-Non, elimínase. A Fame non vai nunca a conta final do xogador,
xa que só serve para retirar cartas.

|