EmotrionsOnCards™: unha innovadora ferramenta lúdico-educativa

UNHA VISIÓN DO XOGO DIRIXIDA A PROFESORES, PAIS E EDUCADORES EN XERAL

EmotriosOnCards™ é o xogo das Emocións.

A capacidade de amosar as emocións é unha proba de madurez. Desafortunadamente, a sociedade contemporánea non pon suficiente énfasis no desenvolvemento da intelixencia e a educación emocional. Esto tradúcese nun perigoso déficit de educación emocional existente nas xeneracións contemporáneas. En realidade é un tema con frecuencia difícil de abordar directamente (moito máis que, por exemplo, a educación técnica ou científica) xa que invade o área cognoscitiva máis íntima das persoas.

EmotrionsOnCards ademáis de ser un excelente e innovador xogo de cartas per se, constitúe unha ferramenta moi útil, para a través do xogo, profundizar na formación emocional e inducir á reflexión dos xogadores de prácticamente cualquera idade.

En Emotrions cada carta simboliza unha emoción / sentimento: Bondade, Furia, Amor, Odio, Ledicia, Tristura, Indecisión, Fame. Todos poderosos soportes das motivacións cotidiás. Emotrions reflicte a vida real: hai que manexar tanto emocións positivas como negativas. Os xogos educativos non acostuman a reflictir as emocións humanas negativas. Nembargantes, estas son tan omnipresentes, e moitas veces tan dominantes como as positivas.

A solución claro está, non pasa por ocultar ou ignorar os sentimentos negativos, senon aprender a xestionalos e sobrepasalos mediante o uso intelixente dos nosos recursos emocionais positivos.

A lóxica de Emotrions é diferente á de cualquer xogo de cartas coñecido. En Emotrions, hai que compensar as emotrions negativas coas positivas. Como na vida mesma, en sortes nos pode tocar cualquera combinación de partida. O obxetivo é "tirar para adiante" co que dispoñemos e tratar de melloralo polo camiño. Gaña sempre o máis hábil en "positivizar" a súa man, pero cada xogada pónnos no apreto de pensar estratéxicamente que emoción é adecuada para contrarrestar a do outro xogador.

Varios xogos en un

O aprendizaxe de Emotrions parte das 10 sinxelas regras do Estilo Estándar, cun coidado balance entre os compoñentes de azar, psicoloxía e estratexia.

A partir desta base os xogadores avanzados poden enriquir e aumentar a profundidade do seu nivel de xogo, incorporando as múltiples opcións que se inclúen coas Regras.

Estas opcións adicionais permiten modular tanto a duración como a complexidade e intensidade do xogo, pero sobre todo, o uso intelixente das Opcións do Gañador, a Saída Emotrions ou o Estilo Descuberto permiten modificar o balance estratexia-psicoloxía-azar do Estilo Estándar e inclínao cara algún destes extremos.

Un diferente valor educativo segundo a idade do receptor

Ademáis do seu valor imanente como "atractor" de atención cara o tema da educación, a intelixencia e a xestión emocional, para cada idade hai un aspecto ou opción que aporta un valor específico:

o Nos nenos de 6-8 anos trátase de aprender a diferenciar e identificar os distintos sentimentos. Acostumar ó neno a verbalizar sentimentos é un tema importante xa que gran parte das dificultades de comunicación en idades máis adultas proveñen da "madurez emocional", da incapacidade ou inhibición para identificar e verbalizar as emocións que nos afectan, e comunicalas correctamente ós demáis.

o A lóxica matemática do Estilo Estándar é perfecta para axudar a nenos de ó redor de 10 anos a practicar, mediante o xogo, a suma e resta de valores positivos e negativos misturados.

o Ós adolescentes axudaralles a comprender a necesidade de xestionar con habilidade esa fina e inextricable mistura de emocións propias e alleas que é a vida social adulta.

o A adolescentes e adultos Emotrions obrígalles a desenvolver conscientemente estratexias de negociación, priorización de obxetivos, seducción, a prestar máis atención a opcións aparentemente iguais pero con resultados globais diferentes, etc.

o Ós propios adultos indúcelles a un nivel de reflexión acerca da importancia do control das emocións e os matices que separan a delgada liña que hai entre fracaso e éxito.

As cartas

Unha dificultade do desenvolvemento do xogo foi representar gráficamente as emocións. Ó tratarse dun tema tan universal e "etéreo", sen dúbida, cada persona representaría as súas emocions de maneiras diversas. Para Emotrions, elaboráronse unhas iconografías que conteñen os valores semánticos das emocións e deixan un punto ambiguo para que cada xogador os complete co seu propio imaxinario.

Ademáis da ilustración, cada carta identifícase polo seu nome e valor de xogo. Cada carta contén o nome da súa emoción/sentimento en 9 línguas diferentes (español, galego, catalán, euskera, portugués, inglés, francés, italiano e alemán) como expresión do carácter global e transcultural das emocións.

Aprendizaxe

A experiencia demostrounos que só é necesaria unha ou dúas partidas "de proba". Para algunhas persoas é difícil ó principio captar a lóxica de xogar simultáneamente con cartas que quitan e cartas que dan puntos, pero xa na segunda partida se comprende o sentido xeral do xogo o suficientemente ben como para empezar a utilizar plantexamentos tácticos ou estratéxicos propios. Claro que o dominio de estratexias avanzadas contra opoñentes expertos (boas aperturas, estratexias de medio xogo) tamén pode chegar a ser tan complexo como o xadrez ou o bridge.

 

 
Inicio