Emotrions e a Intelixencia Emocional

O xogo é unha maneira de aprendizaxe da vida. Os nenos/s xogan a simular os roles dos maiores, mentres que os maiores xogan para ensaiar as súas actitudes sen o risco da vida real. Así os xogos fan cambiar de rol ós xogadores e pon a proba os seus coñecementos e destrezas.

Emotrions é o primeiro xogo que fai reflexionar sobre a maneira en que as personas se relacionan na vida cotiá. ¿Como se afrontan os problemas? ¿Como se amosan as emocións? ¿Como se conseguen controlar as emocións negativas?


¿Como consegue Emotrions simular as relacións humanas nun xogo de cartas?


1.-As emotrions positivas enegativas

-A novidade de Emotrions radica en que é o primeiro xogo de cartas que baralla valores positivos e negativos. Os xogadores ó igual que as persoas non se acaban de acostumar a xogar/sentir coas emotrions engativas. Por iso, unha das primeiras tentacións dos xogadores é arroxar as emotrions negativas altas (ira, odio) antes de tempo. Un debe manter as emotrions negativas ata que poida liberarse de elas ou polo menos, aminorar o seu dano coas emotrions positivas dos outros xogadores. No arte de controlar as emocións radica o segredo de Emotrions.

2.- A finalidade de Emotrions

-Os xogos de estratexia son de 'jaque-mate'. A finalidade é acabar ou eliminar as pexas ou cartas do outro xogador. Emotrions é un xogo de estratexia baseado na intelixencia emocional. Polo que os xogadores terán que relacionarse/empatizar cos outros para conseguer levarse as emotrions positivas.

3.- As xogadas

As xogadas de Emotrions establecen un paralelismo coas competencias fundamentais da intelixencia emocional, segundo o psicólogo Peter Salovey:

-O coñecemento das propias emocións

Ó xogador se lle reparten unhas emotrions en sorte, que son coas que lle toca vivir nesa xogada. Un estratega ten que recoñecer o valor das súas propias emotrions e a maneira en que se poden xestionar para conseguer un bo resultado.

-A capacidade de controlar as emocións

Unha das xogadas máis correntes dun principiante de Emotrions (ou dunha persoa sen IE) e botala Furia sen máis. O xogaor ten que esperar o momento xusto para desfacerse ou aminorar os efectos da Furia. Outro erro do principiante é gardar as emotrions boas e non botalas ante nada. Ainda cando a xogada lle é favorable.

-O recoñecemento das emocións alleas.

Dominar a empatía é unha das prioridades de todo estratega da IE. O xogador ha de pensar as emotrions coas que xoga o outro xogador para botar as súas. No Estilo Descuberto, un ponse na pel do xogador rival para pensar como actuaría no seu caso.

-O control das relacións

Emotrions pon sobre a mesa de xogo algunhas tácticas coas que se poden controlar as envestidas de ira do outro xogador ou como roubarlle o corazón (o amor).

-A capacidade de motivarse un mesmo

Está moi presente na carta da Forza. Esta carta simboliza a forza de espíritu.

4.- Nove Emotrions

Emoción é unha alteración do ánimo intensa e pasaxeira, agradable ou penosa, que vai acompañada de certa conmoción somática. Os investigadores identificaron centos de emocións, e clasificaron algunhas como primarias que encabezarían unha familia. Por exemplo, a Tristura é unha emoción básica que encabeza a outras emocións como a aflicción, a pena, o pesimismo e nalgún caso grave, a depresión. Emotrions primarias son a Furia, o Amor, a Tristeza, a Ledicia e o Odio. A Forza, a carta de máis valor, simboliza o optimismo, a fortaleza de espíritu. E atribuese a tódalas persoas que teñen autoestima e non se acobardan ante as dificultades. Pola súa parte, a carta da Fame é unha emoción fisiolóxica que anula as emocións básicas. Así, -cando un ten fame- o corazón non decide.

Se quere saber máis sobre Intelixencia Emocional, faga clic en Ler máis y apareceralle unha recopilación de artigos sobre IE.

 

 
Inicio