TRIANGOL STRATEGY SL
AVE DE NOYA, 30
15280 Brión
CORUÑA | GALICIA
TEL. 981 50 99 11
Fax 981 50 99 73
info@triangol.com
www.triangol.net
CIF: B15861305

NOTA DE PRENSA Nº. 1

EmotrionsOnCards naceu en Galicia para poñer sobre as mesas de xogo do mundo a forza das emocións humanas. Emotrions é un xogo innovador que rompe coa relación dos xogos de estratexia e os mundo mediavais. ¿Que require máis estratexia mover o cabalo para comer o rei como no axedrez, contrarrestar maxias como en Mágic ou saber con que emotrion sopesar a Furia do contrario ou con cal roubarlle a Forza?

En Emotrions ademáis de ser rompedor o escenario, as emocións, innóvase na lóxica de xogo. Non é un xogo de 'jaque-mate', senon de ponderación. Non gaña o que se quede co maior número de cartas ou o que se desfaga de todas, senon o que sabe sopesar entre as cartas positivas e as negativas. Unha batalla non da a guerra e menos no mundo das emocións.

A baralla Emotrions presenta varias opcións de xogo. As opcións modulan o nivel de estratexia, de psicoloxía e de azar ó gusto dos xogadores. Un xogo á carta en 36 emotrions. Nove son as emocións da baralla: a Forza, a Bondade, a Furia, o Amor, o Odio, a Tristura, a Alegria, a Indecisión e a Fame.

Nove emocións en nove línguas. Cada emotrion represéntase cun diseño particular e identifícase en nove idiomas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés, francés, italiano e alemán. Emotrions é o primeiro escalafón dun mundo de xogos de estratexia.

EmotrionsOnCards dixitalizarase para que os xogadores poidan baterse online sen importarlles a distancia física do contrincante. Triangol Strategy SL ten diseñados máis xogos de mesa e dixitais que sairán ó mercado a partir do próximo ano. Todos os xogos de estratexia de Triangol Strategy SL foron diseñados por Rolando S. Buenavilla, que é ademáis o director e fundador da empresa galega. O diseño gráfico de Emotrions foi obra de Rolando S. Buenavilla e de Juan Corral.

 
Inicio