Que é Emotrions

É unha liña de xogos de estratexia que inclúe xogos de cartas (xa á venta), xogos de taboleiro e xogos dixitais.

A característica común de tódolos xogos Emotrions é a introducción da intelixencia emocional no sector dos xogos tradicionalmente orientados cara a intelixencia analítica.

En EmotrionsOnCards as cartas, chamadas emotrions, representan sentimentos humáns básicos: amor, odio, ledicia, tristura, furia, indecisión, etc. Unhas emotrions aportan puntos o xogador e outras, quítanllos. E as 'emotrions' mistúranse todo o tempo tanto na man, como ó xogar a cada ronda, ou ó gañar.

O xogo é realmente divertido e adictivo. Moi doado de aprender porque ten poucas regras e cunha lóxica e un escenario de xogo orixinais e coherentes entre sí.

O xogo ofrece a posibilidade de botar partidas rápidas, accesible como pasatempo light, pero ten profundidade de xogo polo que é adecuado para os xogadores clásicos de estratexia que queren un desafío intelectual.

Como xogo de estratexia é moi potente. O milagre radica na súa lóxica de cartas positivas e negativas, que consegue que con só 36 cartas e unhas regras mínimas plantéxense complexas situacións de xogo cheas de matices.

¡E tamén permite practicar xogos diferentes coa mesma baralla de cartas, como, por exemplo, Emotrions Pareo!

Estratexia, psicoloxía e azar

EmotrionsOnCards parte dun estilo de xogo estándar onde están moi ben equilibrados os compoñentes de psicoloxía, estratexia e azar. Nembargantes, cunhas Opcións do Gañador, este balance altérase en beneficio do gañador da man anterior, de modo que se manteñan os compoñentes de maior incertidume (máis ó gusto dos xogadores "psicolóxicos"), ou ben obrigar a un xogo máis analítico, do gusto dos amantes da estratexia pura.

É importante esforzarse por gañar a primeira man para obrigar ós demáis a xogar o estilo desexado.

Filosofía

Todo o xogo é unha metáfora sobre a xestión dun mesmo e das relacións cos demáis na vida cotiá. A medida que se domina a estratexia do xogo, vaise aprendendo a gañar a longo prazo (o xogo) pero sempre é preciso ponderar -e ás veces saber perder- o resultado de cada batalla (aposta/ronda) individual.

O obxetivo último do xogo -ademáis de competir e pasalo ben- é facernos reflexionar sobre como na vida real xeralmente non existen situacións malas ou boas evidentes, senón situacións máis ou menos complexas, onde a fina liña divisoria entre o éxito e o fracaso depende de como sexamos capaces de xestionar os matices.

E que é posible gañar incluso se nos tocan malas cartas.

Para quen é Emotrions

É un xogo para tódolos púbricos e cando dicimos tódolos púbricos, realmente significa iso.

Os nenos a partir de 7-8 anos comprenden moi ben a lógica de xogo. Góstalles especialmente o nome das cartas e xogar coas emocións.

Os adolescentes interésanse máis no caracter competitivo e socializador do xogo. Interésalles moito ás rapazas, polo caracter non bélico nin medieval do xogo, e moi orientado ó tema das relacións sociais. Xeralmente, non hai xogos de estratexia e cartas orientado os seus intereses.

Os adultos aprecian a sutileza e profundidade das situacións, o reto intelectual e como, a través dunhas poucas cartas pódese evidenciar a complexidade das relacións persoais e a dificultade de xestionarse a un mesmo.

Os educadores advirten rápidamente como o concepto Emotrions pode axudarlles, mediante o xogo, a atraer o interese e a reflexión dos alumnos sobre temas de relacións sociais e educación emocional.

E a moitas personas lles parece un agasallo ideal: novedoso, asequible, e sobre todo, un regalo co que sempre quedas ben, deas a quen llo deas.

 
Inicio