![]() |
|
|||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||
|
REGLAS AVANZADAS DE EMOTRIONSONCARDS®En EmotrionsOnCards® es posible modular el balance entre los componenetes de estrategia, psicología y azar gracias a las siguientes opciones de juego: Opcións do GañadorAs Opcións do Gañador consisten en 2 privilexios que obtén o gañador de cada partida: a) pode decidir se na partida seguinte a "banca" colócase bocarriba ou boca abaixo e b) decide se as apostas se fan coas cartas visibles ou coas cartas tapadas. As Opcións do Gañador poden combinarse independentemente unha da outra.
Na primeira partida dun xogo é obligatorio usar o Estilo Estándar. Intercambio ForzadoSe un xogador ten a forza, pode mostrala e esixir Intercambio Forzado. Iso permítelle escoller unha carta de calquer outro xogador quen inmediatamente terá que collela de outro e así sucesivamente. Ata chegar ó que ten a Forza, a quen se lle poderá coller calquera carta menos a Forza. Só se admite un intercambio por ronda, pero mentres reteña a Forza o seu dono pode esixir Intercambio Forzado en cada ronda, para ir mellorando a súa man. Se a algún xogador lle quedan 3 cartas ou menos, non se lle pode pedir carta. Intercambio Forzado non pode combinarse con Estilo Descuberto. Saída EmotrionsA Saída Emotrions pode usarse en partidas entre 2 ou 3 xogadores e consiste en que a todos se lles reparte exactamente as mesmas 6 cartas: 1 Ledicia, 1 Tristura, 1 Amor, 1 Odio, 1 Bondade e 1 Furia. Así tódolos xogadores comenzan cunha man equilibrada que suma 0 puntos. Xogar ó 37Xogar ó 37 consiste en que é obligatorio alcanzar xusto 37 puntos para
gañar. ¡Coidado cando se está perto da cifra máxica! Se hai empate os
dous máis próximos xogan partida de desconto ata que só un alcance 37.
Saída Emotrions Estilo Descuberto: desafío totalTódalas cartas sobre a mesa á vista de tódolos xogadores. É unha modalidade pensada para os xogadores con intelixencia analítica. Redúcese o azar ó mínimo e leva a estratexia ó extremo, se pode combinar o Estilo Descuberto coa Opción de Banca á Vista e Saída Emotrions.
|