jugadoras

 

 

 

jugadoras

 

 

 

 

Emotrions Pareo™

Emotrions Pareo™™ está deseñado para partidas rápidas entre dous xogadores. O que ten a saída e ataca chámase Retador e o que defende chámase Pareo. O xogo é aparentemente moi sinxelo e consiste en que o Pareo ten que respostar á carta ou cartas (só 2) de ataque do Retador cunha carta idéntica (a mesma emotrion). Se o Retador xoga dúas cartas teñen que ser a mesma emotrion (2 Amores, 2 Furias,...)

O 'quid' do xogo é que o Pareo sempre se beneficia se logra emparellar e o Retador benefíciase se logra que non o emparellen. Se o Pareo logra igualar un ataque con cartas positivas, tódalas cartas en xogo son para el, e se emparella un ataque con cartas negativas cómeas o Retador.

O Pareo pode non respostar ó ataque (ou sexa non emparella porque non leva cartas, ou non quere xogalas) . Neste caso, se a carta de reto é positiva, se queda con ela o Retador, e se é negativa a come o Pareo.

A saída- ser Retador- lle toca sempre ó que sae máis beneficiado na ronda actual (se tendes dúbidas consultar o seguinte taboleiro). E é o Retador o que colle carta primeiro.

A Indecisión toma o valor da carta en xogo así que sempre emparella.

A Fame cómese á outra carta e ámbalas dúas se descartan.

Usada ó ataque, a Forza sempre gaña; excepto contra a Indecisión, que a emparella e contra a Fame, que obriga a descartala. Usada ó ataque, a Forza sempre gaña; excepto contra a Indecisión, que a emparella e contra a Fame, que obriga a descartala.

Pódese respostar ó ataque dunha carta con combinacións de dúas cartas iguais. Se se usan 2 cartas no ataque, hai que respostar con 2 idénticas para que se produza un emparellamento. Pódese sustituir por Indecisións en ámbolos dous casos. Repóñese só unha carta por xogador e ronda, tanto se hai resposta de Pareo como se non, así que un xogador pode chegar a ter nunha man máis de 6 cartas. As cartas que non se xogan despois dunha ronda, son para o seu portador.

Pode xogarse en Modo Letal (perde o primeiro que peche con puntuación negativa unha partida) ou xogar a chegar a 37 puntos. Pero, entón debe admitirse pechar partidas con puntuación negativa.

TABLA DE PAREO

Ataque do Retador
Resposta do pareo
Quen se queda
coas cartas
A quen lle toca a
próxima saída
Cartas positivas
Emparella
Pareo
Pareo
Cartas positivas
Non responde
Retador
Retador
Cartas negativas
Emparella
Retador
Pareo
Cartas negativas
Non responde
Pareo
Retador
Fame
Cartas negativas
Descartanse
Pareo
Fame
Positivas ou indecisión
Descartanse
Retador
Cartas negativas
Fame
Descartanse
Retador
Positivas ou indecisión
Fame
Descartanse
Pareo
Forza
Cualq.menos & F
Retador
Retador

Cualquera menos a
indecisión ou a fame

Forza
Pareo
Pareo

 

 
Inicio